A todos nos gusta chapuzar, mollarnos,... e con este calor aínda máis. Pero lembrade que a seguridade é sempre o primeiro a ter en conta cando estamos con nenos e nenas.
Tendo isto en conta velaquí algúns xogos:
-Que flota e que non flota?
Enchemos un recipiente con auga e buscamos na casa diferentes obxectos para introducir nel: tapas, pinzas, culleres, botellas,... Antes de facelo formulamos a hipótese: Flotará este obxecto na auga? Logo comprobámolo metendoo no recipiente. Acertamos?
-Trasvase de líquidos
Trasvasar líquidos dun recipiente a outro é unha actividade moi divertida e que axuda no desenvolvemento da coordinación óculo-manual e a mellorar a motricidade. Ademais podemos facelo máis divertido se por exemplo intentamos adiviñar...Cantos vasos podemos encher con unha botella de auga? Cantas botellas de auga fan falta para encher un caldeiro?
Tamén podedes preparar percorridos para levar o líquido dun punto a outro do xardín por exemplo, e calcular o tempo que nos leva facelo.
-Imos de pesca
Nun recipiente colocamos varias tapas de botellas e debemos pescalas axudándonos de dous pauiños, palliñas, tenedores,... Se o recipiente é grande, tamén podemos probar a pescar cos nosos propios pes!!
Que conseguimos con todo isto?
Ademais de pasar un bo rato, observamos, sacamos conclusións, e melloramos as nosas destrezas e coordinación. É unha forma moi divertida de continuar aprendendo!
Imaxe: Pinterest
No hay comentarios:
Publicar un comentario