Vainos a enviar fotos case todos os días para que poidamos seguir a evolución.
Sabedes canto tardan en nacer os pitiños? 21 días.
Así que mirade o calendario. A galiña comezou a darlle calor aos ovos o día 20. Se contades 21 días a partir desa data saberedes o día no que nacerán os pitiños.
Xa sabedes cando será? Esperamos con ansia a que chegue ese momento.
Deberían nacer o 10 de abril!!!! Estaremos pendentes! Estamos desexando velos!!Na casa das ciencias de Coruña vimos nacer pitiños este verán... e a verdade deunos un pouco de grimiña... Saúdos profes!!
ResponderEliminarGraciñas polo voso comentario! Nos tamén estamos ansiosas porque nazan eses pitiños. Xa podedes ir pensando nomes para poñerlles!! Biquiños!
ResponderEliminar