Moitos dos refráns da nosa cultura pupular fan referencia a este feito:
-Día de San Xosé, a primeira andoriña se ve.
-Entre Marzo e Abril, sae o cuco do cubil.
-San Raimundo trae a andoriña do outro mundo.
A riqueza da nosa cultura popular tamén nos deixa moitas cantigas relacionadas co tema:
-Canta cuco, canta cuco
que xa cantou a bubela
cantas os bechiños todos
no tempo da primavera.
-Catro aves escollidas
son as que pasan o mar
o cuco maila anduriña
a rula e o paspallás.
Que vos parece abordar este tema cos nenos e nenas e aprovietar para que aprendan algún destes refráns ou reciten as cantigas? Deste xeito tamén se están familiarizando coas nosa cultura de tradición oral.
Este conto que atopamos na rede, tamén fai alusión á migración e fai un repaso das aves que pasan o verán en Galicia e invernan en África.
Aquí vos deixamos, tamén, o enlace a un video que fai referencia á migración das aves. Aínda que é un vídeo de América, explica como se preparan as aves para o seu viaxe e os perigos que sufren durante o mesmo.
Pero non todas as aves migran, e algunhas incluso chegan aquí durante o outono ou inverno. Neste artigo do xornal La voz de Galicia, podedes atopar moita información e imaxes sobre a migración das aves. Que tal se o consultades cos vosos peques?
CANDO AS AVES FAN AS MALETAS OU NON
No hay comentarios:
Publicar un comentario