viernes, 10 de abril de 2020

PLUMITAS E OS SEUS PITIÑOS

Ola! Xa sabemos que estamos de vacacións, pero temos unha noticia importante e non somos capaces de aguantar ata a volta da Semana Santa para contárvola.
Lembrádesvos da galiña da profe Canucha? A que estaba chocando os ovos? Sabedes que día e hoxe? Hoxe é 10 de Abril, e cúmprense exactamente 21 días desde que comezou a darlle calor.
Que pasaría? Pensades que naceron os pitiños?
Mirade!!!



Algúns son amareliños e outros negros. Pensamos que son oito en total, pero non se poden contar ben porque a galiña non se quere separar deles. Irémosvos enviando fotos para que vexades como van medrando.

Tamén aproveitamos a publicación para agradecervos as fotos que nos estades enviando ao longo destes días, o próximo Martes publicarémolas todiñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario