miércoles, 25 de marzo de 2020

UNA PROPOSTA PARA O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O profe Jose, fainos chegar esta proposta:
O día 7 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde. Este ano, máis que nunca, pensamos que a práctica de actividade física cobra un papel importante para poder manter unha mente positiva nesta situación que nos tocou vivir. Por esta razón, propoñemos o seguinte retotanto para alumnado, como para familias e profesorado
Fai actividade física na casa (en solitario ou en compañía).
Saca unha foto e mándaa ao enderezo de correo electrónico
Podes acompañala dunha mensaxe positiva para compartir co resto do cole.
Todas as fotos recibidas subiranse ao blog:
Animádevos!!

Que dicides? Animádesvos a participar?  No blog xa podedes ver as fotos de moitos dos compañeiros de primaria e tamén de algún de infantil, como Valeria. Nos hoxe tamén recibimos fotos de Daniela e da profe Sela facendo exercicio que publicamos para animarvos a que fagades o mesmo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario