viernes, 19 de junio de 2020

ADIVIÑA CANTO CHE QUERO

Este curso tan atípico chega ao seu fin. Sentimos moito que a despedida teña que ser deste xeito, de forma virtual.
Aínda así, non queremos deixar de mostrarvos o noso agradecemento e de manifestarlle o noso cariño aos vosos pequenos e pequenas.
Para iso seleccionamos este conto que para nós e moi especial. Poderán adiviñar os peques canto os queremos??
Ata a lúa e volta!!
Agardamos que disfrutedes deste verán, aínda que sexa dun xeito distinto. Vémonos en Setembro con moitas ganas!
Apertas!!!

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

O curso escolar chega ao seu fin, e non queremos despedirnos sen antes deixarvos unha serie de recomendacións para este verán. Por suposto, o blog quedará a vosa disposición e podedes visitalo as veces que queirades para escoitar contos, cancións e incluso realizar propostas das que vos fixemos ao longo de todo este tempo.
Estes son os nosos consellos:

-Disfrutar en familia: O verán é un bo momento para pasar máis tempo en familia e disfrutar xuntos falando, xogando, compartindo…

-Realizar actividades motrices: Saltar, nadar, correr, patinar, trepar, montar en bici, camiñar,…todas sirven!

-Colaborar na casa: Seguro que xa todo este tempo o estiveron facendo, pero no verán deben continuar colaborando: poñer e recoller a mesa, limpar o polvo, ordenar os seus xoguetes,…

-Ser máis autónomo/a: Vestirse e espirse con cada vez menos axuda, preparar a súa merenda, asearse, cepillar os dentes,…

-Aprender cancións, contos, xogos:
Seguro que a familia ten moitos contos que contar, cancións para cantar e xogos que ensinar aos máis peques.

-Debuxar, pintar, recortar, modelar: É divertido, estimula a creatividade e axuda a mellorar a motricidade fina e a coordinación óculo manual.

-Xogar coas palabras e cos números: Ao vexo vexo, palabras encadeadas, adiviñas, tratar de adiviñar cantos obxectos hai nun bote, contar pedriñas, cunchas,…

-Ler e que nos lean: Non importa se os nenos e nenas saben ler ou non. Abrir un libro e inventar a historia é igual de divertido. Por suposoto, a familia debe ser sempre un modelo a seguir e é importante ver ler aos adultos. Ademais, un conto compartido antes de ir a durmir é un fantástico momento!

-Coidarse moito e respectar as normas sanitarias para protexerse da COVID-19.

FELIZ VERÁN!!
Corazón, Arena, Playa, Verano, Mar, El Amor, Vacaciones

COMPARTINDO MÁIS MOMENTOS VIII

Compartimos as fotografías que recibimos ao longo desta semana
Jenni cóntanos que agora que pode pasa moito tempo fora da casa: vai á praia, foi na lancha a dar un paseo e tamén está aprendendo a nadar. Coida do seu xardín e xoga moito con Coco, o seu can. Ten tanto pelo que Jenni di que parece de peluche!
Cando visita aos avos sempr evai a ver as galiñas e a darlle de comer.
Polas mañás traballa nas tareas da casa e tamén fai algunha ficha. Está aprendendo a cortar coa tesoira e a escribir o nome. Pásao moi ben, pero bota moito de menos o cole e os amiguiños. Está desexando que todo volva á normalidade e se marche este virus para que pronto nos volvamos a ver todos. Envíavos moitos biquiños!












Eire segue a compartir momentos moi divertidos co seu irmán, e agora que chega o bo tempo tamén disfruta na praia!



Nahia cóntanos que esta semana lle naceu unha cuchiña nova, que patinou moito e xogou coa súa irmá Lucía. Dinos que vos bota moito de menos, que vos veredes no próximo curso e envía moitos bicos!!



Mateo envíanos unhas fotos dos paseos que fai os domingos, explorando sitios novos para el. Tamén axudándolle ao seu avó a lavar o coche e facendo algunha das activdades impresas que propuxemos. Despídese ata o próximo curso, desexándonos que pasemos un bo verán e que voltemos en setembro con moita forza e moitas ganas.


A profe Raquel tamén nos envía unha foto para que vexades como foron medrando os vermiños de seda. Aínda non se convertiron en boboretas, pero dous deles xa fixeron o seu casulo. Atopádelos?


Clara despídese desxándonos que o pasemos ben este verán e con biquiños para os seus compis. Moitos bicos tamén para ti, Clara



jueves, 18 de junio de 2020

CANCIÓNS PARA DIVERTIRSE NO VERÁN

Este curso tan diferente chega ao seu fin. Xa están aquí as vacións do verán. Por iso vos achegamos estas cancións tan divertidas para cantar e bailar!




Que non falte a alegría este verán


miércoles, 17 de junio de 2020

A NAVEGAR

Para hoxe tráemosvos unha proposta moi divertida. Trátase dunha manualidade con material de reciclaxe que temos pola casa e coa que poderemos disfrutar xogando coa auga na bañeira, na praia ou na piscina.
Consiste en elaborar barquiños de xoguete caseiros. Pode ser:

-Con cartóns de leite
Barcos de juguete caseros
-Con botellas de xel ou champú
Manualidades de barcos para niños
-Con cartón
Barcos de cartón para niños
-Con esponxas ou estropallos
Manualidades infantiles de barcos
-Con botellas
Manualidades con botellas de plástico
-Con tapóns de cortiza
Manualidades para niños con corchos
Nesta ligazón podedes atopar, de xeito detallado, cómo elaborar cada un deles.
Elixide o voso favorito e... a navegar!!!

martes, 16 de junio de 2020

ABECEDARIOS

A proposta que vos traemos hoxe consiste na creación dun abecedario natural e dámosvos varias opcións.

Con pedriñas:
Coas pedriñas que hai na praia ou no río podemos crear un abecedario ben xeitoso, trazando con pintura ou rotulador permanente as letras sobre elas. Se aplicamos unha capa de barniz trasparente por riba terán un acabado máis brillante e duradeiro.
Logo podemos xogar a compoñer palabras, localizar as letras que ten o noso nome, as iniciais dos compañeiros,...

14 actividades y juegos con piedras pintadas – Tierra en las manos

Con cunchas:
Podemos facer o mesmo empregando cunchas que atopemos na praia
▷ Manualidades con Saturna: crea un juego de lectoescritura para ...
Para o alumnado da aula de 5 anos,  nesta ligazón tedes unha proposta para traballar a lecto-escritura con cunchas
https://ladiversiva.com/manualidades-saturna-crea-juego-lectoescritura-ninos

Creación de letras con follas, pauiños,...


Nesta ligazón atoparedes múltiples ideas e actividades de lecto-escritura para todas as idades empregando materiais naturais
http://lluviadeideasyrecursos.blogspot.com/2015/05/recursos-actividades-lectoescritura-infantil-primavera-naturaleza.html

Por último, achegámosvos unha canción coa que recordar as letras do abecedario en galego


lunes, 15 de junio de 2020

LINGUA DE SIGNOS

Onte, 14 de Xuño, celebrouse o día nacional das linguas de signos Españolas.
A lingua de signos é o medio de comunicación que empregan, sobre todo,  as persoas xordas ou con problemas auditivos e o seu entorno. A través dos signos expresan as súas ideas, sentimentos, necesidades e poden comunicarse e relacionarse de forma fluida.
Esta data é unha oportunidade para difundir unha imaxe positiva da lingua de signos e das persoas xordas e lembrar a necesidade de sumar esforzos para que todos e todas poidamos exercer os nosos dereitos en igualdade.

Ademais dos signos, a comunidade xorda, emprega un alfabeto especial co que deletrear certas palabras que non teñen un signo específico, como o propio nome.
Na aula de cinco anos coñecen ben este abecedario e adoitan signar as letras do seu nome. Animádesvos a buscar as letras do voso nome e realizar os signos correspondentes?

ALFABETO DACTILOLOGICO - LA COMUNICACIÓN PARA LOS SORDOSMUDOS Y ...

Na aula de 3 e 4 anos, cando cantan a canción dos días da semana adoitan facer o signo correspondente a cada día semana

LENGUA DE SIGNOS- DACTILOLÓGICO – ¡¡¡Ya voy al cole!!!
Podedes escoitar unha canción sobre os días da semana interpretada en lingua de signos nesta ligazón



viernes, 12 de junio de 2020

COMPARTINDO MÁIS MOMENTOS VII

Nahia segue a enviarnos  unhas fotos preciosas. Dinos que a fin de semana pasada foi a pasear  polo monte e estivo coas vacas. Se vos fixades ben nunha das imaxes podedes ver como a cuchiña está a mamar. É unha foto preciosa. Tamén nos envía a imaxe dunha libélula que atopou. Son moi bonitas, pero vense moi pouquiñas. Que sorte que che deixara facerlle unha foto, Nahia!



Martín tamén nos envía fotos debuxando, algo que lle encanta facer! 








A próxima semana será a última deste curso escolar, polo que se queredes enviarnos algunha imaxe ou mensaxe a modo de despedida para que compartamos cos vosos compañeiros e compañeiras non dubidedes en facelo!!

MANUALIDADES CON MATERIAL DE RECILAXE

A semana pasada conmemoramos o día do Medio Ambiente, e falabamos da necesidade de seguir a regla das tres R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Tendo isto en conta traémosvos varias propostas de manualidades para darlle outra vida a envases e material de refugallo que podemos ter pola casa.

As caixas de ovos poden ser moi útiles. Con elas podemos crear flores, eirugas,...

Hacer manualidades infantiles con hueverasVidaRifel Puedes hacer un pequeño proyecto con los #Rifelitos de ...

Con revistas e cartón podemos crear un marco para fotos ben xeitoso: Con follas de revistas vellas enrrolámolas poñéndolle pegamento na punta,para que se aguante firme. Pegamos a foto e os rolos sobre un retángulo de cartón e... queda perfecto!

Os tarros de coservas e mermelada tamén podemos reutilizalos de moitas maneiras, Unha delas é decoralos e pintalos para crear floreiros.

Isto son só exemplos. Se lle botades imaxinación ou buscades na web podedes atopar miles de ideas. Animádesvos? Podedes enviarnos fotos das vosas creacións!

jueves, 11 de junio de 2020

MÁIS CALCETÍNS

Ademais das ideas que vos achegamos na publicación anterior, adxuntamos algunha actividade que podedes imprimir se vos parece oportuno.


Actividades para niños preescolar, primaria e inicial. Fichas para ...

E por se vos apetece cantar, traémosvos unha canción acumulativa sobre calcetíns e cores. Seguro que a aprendedes rápido e logo a podedes cantar vos!