Ola familias! Hoxe traémosvos unha proposta coa que podedes traballar moitos conceptos matemáticos.
Trátase da creación dunha balanza caseira.
Material necesario:
-Percha
-Cordel
-2 recipientes (vasos de cartón ou plástico, botellas cortadas, caixiñas de zapatos,...)
Como facelo:
Facer un buratiño a cada lado do recipiente e pasar por el cordel. Anudalo nun dos extremos da percha. Facer o mesmo co outro recipiente e anudalo no outro extremo. É importante que a lonxitude dos cordeis sexa a mesma.
Colgar a percha nunha manilla da porta ou similar e ir introducindo obxectos nos recipientes. Que acontece?Por que baixa máis de un lado que outro?
Deste xeito podemos descubrir cousas sobre o peso dos materiais: estimar cal pode pesar máis e comprobalo, ver que non sempre maior volumen ou maior tamaño implica maior peso, ir introducindo obxectos ata que a balanza esté en equilibrio,...
Nesta ligazón podedes atopar detallado paso a paso o modo de confección da balanza
CÓMO FACER UNHA BALANZA PARA NENOS
Imaxes: Pinterest
No hay comentarios:
Publicar un comentario