viernes, 5 de junio de 2020

COMPROMISO CO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de Xuño, conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente.
Ao longo do curso estivemos realizando múltiples actividades relacionadas con este tema e que pretenden que os nenos e nenas coñezan mellor o medio que os rodea para aprender a coidalo e respectalo: proxecto sobre os bosques, aves, plantación de árbores, separación de residuos, compostaxe, traballo na horta,...

A variedade de alimentos que comemos, o aire que respiramos, a auga que bebemos e o clima que fai posible a nosa vida no planeta, son producto da natureza. Por iso é tan importante coidala. E iso debe ser unha tarefa de todos!


Debemos estar atentos e ser conscientes de que cada pequeno xesto conta, Nós desde a nosa casa hai moitas cousas que podemos facer tendo en conta a regla das tres R: Reducir, Reutilizar e Reciclar

Reducir:
-Levar a nosa propia bolsa cando vaiamos a comprar e comprar só aquílo que imos precisar.
-Apagar as luces  ou outros dispositivos cando non os usemos.
-Lembrar pechar a billa cando non precisamos a auga: por exemplo mentras cepillamos os dentes, nos enxabonamos,...

Reutilizar:
-Darlle outra vida aos envases, envoltorios: aproveitar os papeis de regalos para facer manualidades, crear xogos e enredos con vasos de iogur, botellas de plástico..
-Donar os nosos xoguetes, roupa, calzado, que xa non usemos pero sigan en bo estado

Reciclar:
-Separar o lixo na casa e tirar cada bolsa no contedor correspondente para poder reciclar
-Facer compost na casa cos restos de materia orgánica (Lembrade que este curso a cada neno/a se lle entregou un composteiro que facilitaron desde o Concello)

O noso planeta é un entorno precioso no que viven moitas especies de animais e plantas. Nos bosques, ríos, mares,...hai moita vida e nós precisamos todo iso para vivir. Por iso debemos coidalo.
Todas estas son pequenas cousas que cada un de nós pode facer, pero se todos nos comprometemos podemos conseguir algo moi grande! E vos? Comprometédesvos co noso planeta?




No hay comentarios:

Publicar un comentario