É importante que todos os días establezades unha secuencia que lle dea seguridade aos máis peques e os axude a orientarse de maneira temporal. Levantarse e deitarse aproximadamente ás mesmas horas e ter momentos fixos ao longo do día é fundamental. Por suposto, esta rutina pode variarse nos fins de semana como é habitual .
Momentos que non deberían faltar na xornada son os de aseo, colaborar coas tarefas da casa, contar un conto, algún tipo de actividade física, momentos de actividades máis escolares (debuxar, pintar, recortar, mirar libros,...), o tempo de descanso,...
Lembrade que aínda que neste momento nos son bastante útiles, debe controlarse tempo diante das pantallas, xa que non son moi recomendables para os nenos e nenas da etapa de infantil.
Na rede atopamos esta proposta, pero por suposto podedes adaptala ás circunstancias de cada familia.
Rutina orientativa de actividades y recomendaciones para realizar en casa. // Colegio Labor
No hay comentarios:
Publicar un comentario