lunes, 16 de marzo de 2020

BENVID@S AO NOSO BLOG!

Benvidos ao blog das aulas de Educación Infantil do CEIP Ricardo Tobío de Esteiro, en Muros.

Con motivo da situación tan excepcional que estamos a vivir coa pandemia ocasionada polo COVID-19, e que imposibilita que as clases se poidan manter de forma presencial,  as mestras de infantil do cole pensamos que unha boa forma de estar en contacto podía ser a través dun blog.

Por iso creamos "Peques do Ricardo Tobío" un blog no que iremos subindo recomendacións, actividades e enlaces de interese para estes días nos que debemos permanecer nos nosos fogares.

Agardamos que as entradas que realicemos resulten do voso interese.  Moitas grazas por seguirnos e non dubidedes en deixar os vosos comentarios.

Aproveitamos esta entrada para engadir unha serie de recomendacións xerais que preparamos as tiroras para estes días.

RECOMENDACIÓNS PARA O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

Saúdos.

Sela, Canucha e Raquel


No hay comentarios:

Publicar un comentario