martes, 31 de marzo de 2020

COMPARTINDO MOMENTOS II

Ao noso correo siguen chegando novas fotos coas que nos contades como estades a pasar estes días.
Mil grazas, familias, por compartilas con nós.

Como vedes, Martín segue a colaborar nas tarefas da casa. Eso venlle xenial para adquirir unha maior autonomía.

Yaiza envíanos unha foto ao carón dunha árbore. Sabedes de cal se trata?
 Candela está a pasalo xenial co seu irmá Carlos, e encántalle saltar na cama elástica.

Valeria amósanos algunhas manualidades que estivo a facer estes días: animaliños con cunchas e peixiños con abalorios aos que lle puxo nome (Arco da vella e Rudolf). Tamén probou a plastilina caseira. Ademais pinta, canta, le, escribe, fai contas, xoga moito e , por suposto, colabora nas tarefas da casa. O que máis lle gusta é lavar a louza como podedes ver.




Rita tamén nos envía algunhas fotos. Dinos que se entretén xogando, debuxando, bailando,...na súa casa ata organizaron unha festa "dominguera". Tamén se animou coa plasti e todos os días ás 8 da tarde sae a aplaudir e lanzar pompas pola súa ventá. Contanos que escoita a Valeria e a Antón desde os seus edificios e que iso lle fai moita ilusión.

Mirade que ben o pasa!!

Julia enviounos varias fotografías para que vexamos o que está a facer estes días. Animouse con algunha das manualidades que propoñemos no blog, e outras que ela mesma inventa.  Aproveita o bo tempo para tomar  o soliño e comparte moitos momentos coa súa irmá Emma e a mascota que teñen na casa.





Sara tamén nos envía unhas fotos para ensinarnos canto está a traballar estes días


Nahia estase a convertir nunha fantástica reposteira, ollade que pastel máis rico preparou. Tamén  nos envía un video dos pitiños de Marcial aos que lle leva de comer.


Agradecemos moitísimo que nos fagades chegar as vosas imaxes, xa que estamos segurísimas de que aos vosos compañeiros e compañeiras lles encantará saber de vos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario