miércoles, 18 de marzo de 2020

AULAS GALEGAS

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro, que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 queren ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.
Creouse para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.
Para o alumnado e as súas familias están a publicar cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Compartirán contidos educativos de elaboración propia feitos especificamente para esta iniciativa e tamén outros que xa existen e que paga a pena divulgar.
Deixamos o enlace a este portal educativo. Nos apartados de infantil atoparedes recursos que poden ser do voso interese.


No hay comentarios:

Publicar un comentario