sábado, 21 de marzo de 2020

MERENDAS SAUDABLES

Seguro que estes días os nenos e nenas están ansiosos por colaborar nas tarefas da casa. Para estar entretidos é moi probable que fixerades algunha receita en familia. Nos tamén queremos deixar as nosas ideas para que entre todos poidades preparar unhas merendas saudables.
Que vos parecen unhas brochetas de pan con confitura e froita?  Son moi sinxeliñas. Aquí tedes a receita.

BROCHETAS DE PAN CON CONFITURA E FROITA.

INGREDIENTES
-Pan de molde
-Confitura do voso sabor favorito
-Froita variada

ELABORACIÓN
-Untar o pan con confitura e cortalo en cadradiños
-Pelar e cortar a froita
-Colocar na brocheta intercalando froita e pan con confitura


A que ten boa pinta? Tamén podedes facer platos moi divertidos con froitas variadas. Desde macedonia ou iogur con froita ata composicións primaverales como as que aparecen nas imaxes. Animádesvos?





Si queredes compartir con nós algunha receita ou enviarnos fotos das que fagades na casa podedes facelo a través do nos correo: infantilricardotobio@gmail.com




No hay comentarios:

Publicar un comentario