viernes, 29 de mayo de 2020

ACTIVIDADES CON AUGA AO AIRE LIBRE

Agora que ven o bo tempo e que podemos saír, é o momento de aproveitar recursos que temos ao noso carón e que nos van a permitir vivir experiencias divertidas e enriquecedoras.
A todos nos gusta chapuzar, mollarnos,... e con este calor aínda máis. Pero lembrade que a seguridade é sempre o primeiro a ter en conta cando estamos con nenos e nenas.
Tendo isto en conta velaquí algúns xogos:

-Que flota e que non flota?
Enchemos un recipiente con auga e buscamos na casa diferentes obxectos para introducir nel: tapas, pinzas, culleres, botellas,... Antes de facelo formulamos a hipótese: Flotará este obxecto na auga? Logo comprobámolo metendoo no recipiente. Acertamos?

-Trasvase de líquidos
Trasvasar líquidos dun recipiente a outro é unha actividade moi divertida e que axuda no desenvolvemento da coordinación óculo-manual e a mellorar a motricidade.  Ademais podemos facelo máis divertido se por exemplo intentamos adiviñar...Cantos vasos podemos encher con unha botella de auga? Cantas botellas de auga fan falta para encher un caldeiro? 
Tamén podedes preparar percorridos para levar o líquido dun punto a outro do xardín por exemplo, e calcular o tempo que nos leva facelo.

-Imos de pesca
Nun recipiente colocamos varias tapas de botellas e debemos pescalas axudándonos de dous pauiños, palliñas, tenedores,... Se o recipiente é grande, tamén podemos probar a  pescar cos nosos propios pes!!

Que conseguimos con todo isto?
Ademais de pasar un bo rato, observamos, sacamos conclusións, e melloramos as nosas destrezas e coordinación. É unha forma moi divertida de continuar aprendendo!

Todos a jugar: Juegos con tapas o chapas de botellas recicladas
Imaxe: Pinterest

REPRODUCIÓN DE PATRÓNS

Unha actividade moi interesante, porque implica  atención, percepción visual e estruturación espacial, é a reprodución de patróns.
Estes parécennos moi recomendables porque os podedes facer empregando garfos e culleres. Aínda que aos adultos nos poidan parecer moi sinxeliños, veredes que para os nenos e nenas de infantil non o son tanto, xa que a percepción espacial aínda está en desenvolvemento.





Clicade  nesta ligazón para poder ver máis patróns.
REPRODUCIÓN DE PATRÓNS

COMPARTINDO MÁIS MOMENTOS V

O bo tempo destes días fai que moitas das fotos que recibamos sexan de actividades ao aire libre.
Nahia, pro exemplo, envianos fotos dun dos seus paseos polo río e polo monte. Tamén foi a ver as vaquiñas e nos envía fotos dunha poza onde polas noites se escoita cantar as ras. Ademais xa se puido bañar na piscina!
Valeria continúa facendo actividades na casa, encántanlle os puzles e a cociña, pero co bo tempo tamén aproveitou para saír co patinete e saltar na cama elástica. Ademais encárgase de regar as flores do xardín, porque con esta calor precisan moita auga.









 Martín estivo traballando nas actividades do conto da Cebra Camila e do Gato Guille, e dinos que, a el, o que lle da medo son os lobos o e o ruído das motos. Cóntanos que lle gusta facer estas actividades mentres o seu irmán fai os deberes, e logo, despois da merenda, aproveitan para ir dar un chapuzón a praia os dous xuntos.

E sabedes quen aproveitou tamén o bo tempo para saír a pasear? Os pitiños da profe Canucha, que como se van facendo maiores xa saen sen a súa mamá Plumitas.


















POMPAS DE XABÓN

Para estes días de sol e calor pensamos en xogos de exterior, e se poden ser con auga, moito mellor.
Por iso, lembrámosnos das  pompas de xabón. Ademais de ser unha actividade moi divertida, permite traballar o sopro, algo fundamental para o desenvolvemento da fala.

Na web hai moitas receitas, todas con tres ingredientes fundamentais: auga, lavalouzas e glicerina.
Carmen, a nosa coidadora, que sempre se encarga de ter preparados os pompeiros para o momento do recreo danos a súa:

RECEITA PARA FACER POMPAS DE XABÓN

-1 litro de auga
-1 vaso de Fairy
-1 cullerada abundante de glicerina

É importante non axitar a mestura, xa que se non a escuma que se forma non permite que se formen ben as pompas.
A glicerina podedes conseguila en calquera farmacia. Este ingrediente é o segredo para facer máis pompas e  que sexan máis resistentes.

Para facer as pompas non precisades ter un pompeiro ou unha  anilla específica. Con unha botella de plástico cortada, por exemplo,  podemos facer pompas xigantes.
Pompas de jabón
https://www.pequeocio.com/pompas-jabon/

Animádesvos a fabricar as vosas pompas? Seguro que o pasades xenial!






jueves, 28 de mayo de 2020

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

A profe Canucha cóntanos este conto tan especial sobre as cores. Titúlase Pequeno azul e pequeno amarelo


Despois de escoitalo...que vos parece si creades o voso pequeno verde? Podedes facelo mesturando plastilina azul e amarela. Pero tamén o podedes facer con pinturas, ceras ou lápises de cores. Animádesvos?

ANIVERSARIOS DO MES DE MAIO


Este mes estiveron de cumple

VALERIA (5 de Maio)
ORIANA (8 de Maio)

DANIELA (15 de Maio)


MARTINA (22 de Maio)
NOA (28 de Maio)


Parabéns rapazas!!!






miércoles, 27 de mayo de 2020

COMO ACTUAR EN CASO DE ENFADO

Desde o Departamento de Orientación do centro, Elena, fainos chegar este material tan interesante que vos pode ser moi útil ante as perrenchas ou enfados dos vosos nenos/as.

ENFADOS


XOGAMOS COAS CORES?

Para repasar as cores, sobre todo cos máis peques, e ao mesmo tempo traballar contidos matemáticos, vocabulario, atención e discriminación visual, traémosvos varias propostas

-Buscar as cores: Dicir nomes de cores e buscar na casa elementos que sexan desa cor

-Clasificar por cores: Coller obxectos da casa (pinzas, botóns, tapas, ...) e clasificalos por cores. Contar cantos hai de cada


-Xogar ao vexo vexo coas cores: Trátase de adiviñar un obxecto que estamos vendo e que é dunha determinada cor

-Mesturar cores: Se temos pinturas na casa ou plastilina de cores, facer mesturas para observar as cores resultantes

-Recortes de cores: Recortar obxectos de revistas ou facer anaquiños de diferentes cores e pegar os da mesma cor todos xuntos

Relacionado coas cores, Raquel cóntanos este conto que leva por título Crocodilo


E aquí podedes escoitar un par de cancións sobre as cores



MAÍS XOGOS

Para estes días tan soleados que podemos pasar tempo no xardín ou na praia recomendámosvos uns de xogos moi divertidos e que implican atención, imitación e expresión corporal.

O ROBOT ATAREFADO
-O neno/a colócase fronte a un adulto e debe facer o que lle diga: sacar a lingua, mover as cadeiras, levantar unha perna, ... As accións poden ir complicándose moito: coa man dereita tocar o xeonllo esquerdo, saltar sobre un pé,...

TODO O CONTRARIO
Un adulto dirixe o xogo. Vai dicindo accións e o neno/a ten que facer todo o contrario. Por exemplo, se di "chorar" o neno/a debe rir, se di levantarse debe sentarse, ...

O ESPELLO
É un xogo para facer en parella, un participante fronte a outro. Un debe realizar movementos que o outro ten que reproducir case simultáneamente.


SVG > étnico juegos chicas jugando - Imagen e icono gratis de SVG ...

martes, 26 de mayo de 2020

MÁIS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO CONTO DOS TRES PORQUIÑOS

As secuencias temporais axudan ao alumnado de infantil na estrutura da linguaxe e no desenvolvemento  da noción do tempo. Esta está relacionada co conto dos tres porquiños. Podedes imprimila  ou tratar de ordenala visualizandoa no voso dispositivo e indicar qué pasa primeiro, despois, ao tempo que se conta a historia. Ao ser unha secuencia con seis viñetas está mais recomendada para o alumnado de 5º e 6º de infantil.

Para o alumnado de 4º de Infantil propoñémosvos algo máis sinxeliño

Cal sería  a casa de cada proquiño?

Podedes unir a cada porquiño coa súa sombra?

lunes, 25 de mayo de 2020

NOVOS MATERIAIS DE INGLÉS

A profe Mari fainos chegar varias ligazóns con materiais en inglés apropiados para a etapa de infantil. Son varias fichas interactivas. Coméntanos que as que teñen grafía, ademais de audio, estarían indicadas para infantil de 5 anos.
Son bastantes e non se recomenda que fagades moitas seguidas. O ideal é que poñades un momento do día para acceder a estes materiais, cada certo tempo.

domingo, 24 de mayo de 2020

ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN A LINGUAXE PARA A SEMANA DO 25 DE MAIO

Novas actividades de estimulación da linguaxe para a semana do 25 ao 31 de Maio

OS TRES PORQUIÑOS. CONTO E CANCIÓN

Relacionada coa proposta de Jose, dexámosvos as ligazóns ao video de Disney de Os tres porquiños e  a unha canción en galego relativa a este conto.




CONTO MOTOR. OS TRES PORQUIÑOS

Para esta semana, o profe Jose proponnos un conto motor que aos nenos e nenas lles gusta moito, e que xa teñen feito nas clases de psicomotricidade. "O dos tres porquiños".
Trátase de ir representando o conto ao tempo que se vai contando.
Neste PDF tedes todas as instrucións.
CONTO MOTOR. OS TRES PORQUIÑOS

Cerdos, Tres, Pequeños, Lechón, Cerdito

viernes, 22 de mayo de 2020

COMPARTINDO MÁIS MOMENTOS IV



Nahia cóntanos que esta semana tivo tempo para xogar con Linda, e envíanos unha foto con ela e con Golfo. Por fin puido visitar a avoa e saltar na colchoneta que ten na sua horta. Ensínanos as vistas tan bonitas que hai desde un banquiño que ten a súa avoa alí.
Como agora se pode pasear, tamén foi ver as vaquiñas ao monte e ensínannos unha becerriña ben bonitiña que teñen. Tamén foi de paseo polo monte co seu padriño e o can da súa avoa, Roco.
Ademáis, como lle gusta tanto a cociña, agora ten un uniforme! Mirade que guapa!
Entre paseos, axudar na casa e cociñar, aínda lle queda tempo para ver o noso blog e realizar as propostas. Envíanos a foto da súa mandala feita con un unha piña decorada, tapóns, cunchiñas da praia, corazóns e pompóns.




















Sara dinos que estivo traballando nas actividades do conto da Cebra Camila e eenvíanos varias fotos.




















Martín está traballando moito na casa e na horta! Estivo plantando fresas e colaborando na limpeza do terreo, coa desbrozadora e todo!



Mateo ensínanos cómo coida as plantas da súa casa e móstranos o peixe que fixo pegando recortes de papel. Tamén nos envía unha foto preparando o seu letreiro coa palabra para o vídeo das Letras Galegas.
















Clara envíanos varias imaxes facendo ximnasia no corredor da súa casa. Tremenda elasticidade!
















Jaiza ensínanos as culleriñas que decorou polo día da familia e tamén o retrato que pintou. Mirade que chulo lle quedou!


Iria, María e Antía fixeron unha actividade ben chula para o día da familia. Calcaron as mans de todos os membros da familia, decoráronas e con elas prepararon unha flor ben fermosa! Fantástico rapazas! Alegrámonos que disfrutarades desta actividade todos xuntos!