jueves, 7 de mayo de 2020

COMPARTINDO MÁIS MOMENTOS II

Non queremos deixar de compartir con vós os momentos que nos facedes chegar a través de imaxes. Velaquí os últimos que recibimos.
Valeria amósanos a súa lentella, que xa está ben crecidiña!! E ten unha noticia moi importante que contarnos. Xa sabe andar na bici sen rodiñas!!! Noraboa !!
Tamén nos envía un debuxo moi chulo que fixo para o profesorado do cole con todos os nosos nomes!!! Graciñas, Valeria!!


Nahia cóntanos que como na semana pasada houbo varios días chuviosos, aproveitou para facer pizza, galletas, xogar coa súa irmá e realizar puzles. Esas galletas teñen moi boa pinta!! Seguro que estaban riquísimas! Tamén nos amosa como medraron os pitiños de Marcial. Creo que Nahia se encarga de alimentalos moi ben para que estean así de grandes.





Martín dinos que aproveitou a tarde do domigo, que estivo moi calurosa, para facer unha saída a pasear pola praia. Como vedes iba moi ben preparado con roupa moi veraniega!


 Xabi Brea cóntanos que pasa case todo o día xogando: cos puzles, bloques, bonecos, dinosauros, na súa horta,... Iso é fantástico, xa que a través do xogo aprendemos unha morea de cousas.
Tamén nos di que está atento ao blog e que fai moitas das actividades que propoñemos. Ensínanos a súa caixiña sensorial con area, que usa para escribir e xogar, e tamén o debuxo tan chulo que fixo de Paco Papán.
María, Iria e Antía entretéñense moito xogando xuntas. Envíannos imaxes cociñando, pintando e tamén nos mostran canto medraron os seus carballos con botas!!! Deben coidalos moi ben porque están enormes!!










 Antón envíalles unha mensaxe aos seus compañeiros mentras pinta un tobogán. Dinos que ten moitas ganas de velos e volver a xogar xuntos!!
Gael enviounos unha foto con unha mensaxe de ánimo para todos nós. Quedoulle un arco da vella ben chulo!! Graciñas Gael!!

 Clara non para, ten unha imaxinación desbordante. Envíanos unhas fotos súas na horta, cociñando e pintando. Pero tamén varios videos para que a vexamos en acción!!


Sara fainos chegar un video levando a cabo as actividades de estimulación da linguaxe da profe Ángela. Manexa moi ben o rato do orendador e vese que se divirte con elas!! Fantástico Sara!

Valeria, que estivo de cumple envíanos a foto coa súa tarta, e tamén varias imaxes do seu primeiro paseo tras o confinamento. Como sigue moito o noso blog tamén nos envía unhas fotos facendo algunha das actividades.










Julia e Carmen non paran de argallar xogos no seu garaxe. Teñen tanta imaxinación que prepararon un xogo de pesca, e con unhas caixas enormes fixeron unha casiña para poder xogar dentro!!



















E mirade que sorriso lle quedou a Candela despois de estar xogando coa area da praia. Vese que o disfrutou moitisimo!!!Que cara de felicidade!!

Unha vez máis moitísimas grazas por compartir todos estes momentos con nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario