Os xogos de mímica axudan aos nenos e nenas a mellorar a súa expresión corporal e a manifestar sensacións e sentimentos mediante a comunicación non verbal. Ademais, a través destas actividades adquiren un mellor control do seu propio corpo, fomentan a súa imaxinación e creatividade ao tempo que se divirten.
Para o xogo precísanse dous ou máis participantes. Un debe representar só cos xestos e os demais teñen que adiviñar. Logo se rota para que todos fagan mímica.
Antes do xogo podedes decidir a qué faran alusión eses xestos. Dámosvos varias posibilidades
1.Imitar animais: andar como se fósemos una serpe, un león, unha xirafa…, e que os demáis consigan adiviñar de qué animal se trata.
2.-Expresar distintas emocións: enfado, temor, alegría, sorpresa,…no, só co rostro, senón tamén con todo o corpo.
3- Imitar diferentes accións como pode ser: cociñar, pescar, pintar, talar unha árbore, comer…
4- Representar distintas prácticas deportivas: montar en bicicileta, xogar ao fútbol, nadar, montar a cabalo,…
5- Facer a representación dos números ou das letras co noso corpo.
6- Expresar distintas sensacións como por exemplo calor, frío, sono, fame…
6- Expresar distintas sensacións como por exemplo calor, frío, sono, fame…
Un xogo relacionado coa mímica e ao que todos xogamos cando eramos pequenos é o de Antón Pirulero. Lembrades?
Participan varias persoas, cantas máis, máis divertido.
Unha delas é Antón Pirulero, que vai cantando a canción mentras se toca o nariz cun dedo. Canda un dos outros participantes imita os movementos dun oficio (coser, tocar a guitarra, peitear, serrar,..) e cando Antón deixa de facer o seu xesto e fai o doutro participante, este ten que deixar de facelo e facer o de Antón, ata que este volva ao seu. É un xogo que require moita atención e resulta divertido. Apetécevos probar?
Cancíón:
Antón, Antón
Antón Pirulero,
cada cual, cada cual,
que atienda a su juego
y el que no lo atienda
pagará, pagará
pagará una prenda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario