lunes, 11 de mayo de 2020

15 DE MAIO. DÍA DA FAMILIA

Ola familias!
Antes de nada queremos darvos os parabéns por cómo afrontástedes esta situación de confinamento cos vosos nenos e nenas, intentando aproveitar este tempo para compartir actividades en familia e levando a cabo propostas enriquecedoras para os máis peques da casa.
Esta semana celébrase o Día das familias. Normalmente na escola faciamos algunha manualidade para sorprender ás persoas da nosa casa con algún agasallo.
Este ano, non pode ser así. Por iso vos suxerimos adicar nese día un tempo para facer unha actividade especial en familia: ver fotos familiares, unha película todos xuntos, unha receita,...
Pero tamén podedes levar a cabo unha manualidade como as que facemos no cole. Crear algo entre todos para logo disfrutalo.
Aquí van uns exemplos:
-Escoller unha foto familiar e  prepararlle un marco chulo para colocala.

Marco para fotos con corazoncitos | Manualidades, Manualidades ...

-Facer debuxos dos nosos familiares e enmarcalos
Disfrazar unhas culleres de plástico de simpáticos personaxes que representen a cada membro da familia para logo colocar nunha maceta

Facer flores calcando as palmas das mans de cada membro da familia e decorándoas con cores

Son só ideas. O importante é que disfrutedes dese día todos xuntos!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario