viernes, 8 de mayo de 2020

REINTERPRETAR OBRAS DE ARTE

Desde o equipo de biblioteca fannos unha proposta ben fermosa para conmemorar o día dos museos, que se celebra o 18 de Maio.

https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2020/05/08/reinterpretar-obras-de-arte/

Consiste en reinterpretar obras de arte e danse varias posibilidades.
Para que o alumnado de infantil tamén poida participar imos a darvos varias opcións sinxeliñas.

Realizar composicións inspiradas en Arcimboldo.
Este artista ten unha serie de retratos compostos por elementos naturais que recordan cada estacion. Tendo isto en conta, na casa, podedes xogar a crear retratos con froitas, vexetais, follas, pauiños,...
Exemplos:

Arcimboldo AlmaCara triste hecha de frutas y verduras | Foto GratisRetratos efímeros con alimentos - Paperblog

Crear composicións inspiradas en Paul Klee
Este artista ten moitas obras con motivos xeométricos. As formas que emprega recordan aos bloques de construcción de madeira que temos na escola  e que moitos nenos e nenas teñen nas súas casas.Por iso pensamos que con eles podedes construír unha cidade semellante á que se representa nas súa obra. Pero tamén podedes empregar formas xeométricas recortadas en papel ou cartolina e pegalas construíndo unha obra parecida.
Exemplos:
proyectoloscastillos Instagram posts (photos and videos) - Picuki.comLas 21 mejores imágenes de arte | Arte para niños, Actividades ...
Crear obras inspiradas en Alexander Calder
Este artista é coñecido polas súas esculturas (móbiles), pero tamén ten cadros. Emprega formas moi sinxeliñas. Principalmente círculos. Todas estas son obras de Calder. Animádesvos a compoñer algo similar debuxando círculos ou empregando tapas de plástico, por exemplo?

alexander-calder-1ALEXANDER CALDER (1989-1976) EMERGING GLOBES signed and dated ...Infantil Marzán : LOS CÍRCULOS DE CALDER

Exemplo dun mobil creado con tapas de plástico inspirado en Calder:

Calder Inspired Bottle Cap Mobiiles - Recycled Art Projects for ...

Realizar composicións inspiradas en Vasily Kandinsky
Outro artista que empregaba os círculos nas súas composicicóns é Kandinsky e unha das súas obras máis coñecidas é esta.
Pódese recrear recortando cadrados e  círculos de diferentes tamaños e cores. Pero tamén se poden facer os círculos con plastilina.
Exemplo:


Convertirse no personaxe dunha obra de arte
Durante o confinamento fixéronse virais as imaxes de persoas escenificando obras de arte. Trátase de intentar reproducir o escenario, a vestimenta, a posición, para imitar unha obra.

De todas estas opcións podedes coller a que máis vos guste. Pero só son exemplos. Por suposto, tedes liberdade para recrear outras obras de arte que vos gusten ou buscar máis opcións en internet.

Animádevos e enviádenos as fotos da vosa recreación ás tiroras, ao correo de infantil ou ao correo da biblioteca antes do 25 de Maio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario