Xana envíanos unha foto da súa ruta en bici polo paseo de Esteiro. Tamén nos conta que lle encantou a actividade dos dados e que inventou o seu contiño e lle fixo os debuxos. Mirade que ben lle quedou! Xenial, Xana!!!
Nahia amósanos o cadro que lle fixo á súa nai. Tamén preparou unha ensaladilla ben rica.
Ademais, cóntanos que neste tempo comezan a aparecer os lagartos, que saen ao soliños e envíanos unha foto dun ben bonito que atopou nun dos seus paseos. E lembrádesvos dos pitiños de Marcial? Xa case son galos! Mirade como medraron!!
Sara envíanos fotos co seu caderno e tamén representando a obra de arte de Paul Klee cos bloques de madeira. Mirade que cidade tan chula fixo coas formas xeométricas!
Daniela envíanos as súas fotos sementando o millo. Seguro que vai ter unha moi boa colleita!!!
Brais está a construír unha casa para cando sexa maior. Mirade como traballa! Logo descansa á sombra do limoeiro!

Xabi Brea envíanos foto do seu collage! Quedoulle moi chulo!!A semana pasada tamén foi a dar un paseo e coñeceu a egua Dorita. Así que aproveitou esa expriencia para aprender máis cousas sobre os cabalos.
Son xeniais as actividades que estades a facer na casa!! Seguide así!!
E agora que se pode saír a pasear... Sabedes quen saiu de paseo tamén?¨Plumitas e os seus pitiños. Mirade, mirade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario