viernes, 29 de mayo de 2020

POMPAS DE XABÓN

Para estes días de sol e calor pensamos en xogos de exterior, e se poden ser con auga, moito mellor.
Por iso, lembrámosnos das  pompas de xabón. Ademais de ser unha actividade moi divertida, permite traballar o sopro, algo fundamental para o desenvolvemento da fala.

Na web hai moitas receitas, todas con tres ingredientes fundamentais: auga, lavalouzas e glicerina.
Carmen, a nosa coidadora, que sempre se encarga de ter preparados os pompeiros para o momento do recreo danos a súa:

RECEITA PARA FACER POMPAS DE XABÓN

-1 litro de auga
-1 vaso de Fairy
-1 cullerada abundante de glicerina

É importante non axitar a mestura, xa que se non a escuma que se forma non permite que se formen ben as pompas.
A glicerina podedes conseguila en calquera farmacia. Este ingrediente é o segredo para facer máis pompas e  que sexan máis resistentes.

Para facer as pompas non precisades ter un pompeiro ou unha  anilla específica. Con unha botella de plástico cortada, por exemplo,  podemos facer pompas xigantes.
Pompas de jabón
https://www.pequeocio.com/pompas-jabon/

Animádesvos a fabricar as vosas pompas? Seguro que o pasades xenial!






No hay comentarios:

Publicar un comentario