jueves, 21 de mayo de 2020

MANDALAS

A proposta que vos traemos para hoxe consiste na creación de mandalas.

Os mandalas son figuras circulares, de orixe místico, que na cultura oriental ou asíatica representan artísticamente o universo.

Nas aulas úsanse con fins educativos, xa que axudan a traballar a atención, concentración e a creatividade.

Podedes crear mandalas con elementos que teñades na casa ou con elemetos que recollades no monte, no campo ou na praia: pedriñas, cunchas, piñas, flores,...

Nos mandalas adoita haber un elemento central e en torno a el vanse creando círculos concéntricos.

Para que vos resulte máis sinxeliño crear o mandala, podedes comezar por colocar o elemento central e logo con un xiz ir debuxando círculos en torno a el, que cubriredes cos distintos elementos.
Aquí deixámosvos algún exempolo, pero podedes atopar moitos máis na rede.

Animádesvos a enivarnos fotos dos vosos mandalas?
 Mandalas de La Naturaleza - Yahoo Image Search Results (con ...
arcoiris de tapones

Tamén engadimos algún mandala que podedes descargar para colorear

mandalas_primavera25
Mandalas para imprimir de primavera (1) (con imágenes) | Mandalas ...
Mandalas de primavera para colorear

Nesta páxina podedes atopar moitísimos máis.


No hay comentarios:

Publicar un comentario