Ola familias!
Hoxe traémosvos propostas con dados. Como xa sabedes, os xogos de mesa teñen múltiples posibilidades de aprendizaxe e empregando unicamente os dados podemos preparar moitas actividades que axuden a traballar conceptos matemáticos.
Presentámosvos varias ideas ordenadas de menor a maior dificultade
Xogos con un único dado
-Por parellas ou en pequeno grupo lanzar o dado e contar os puntos para ver quen quitou a cantidade máis alta. Para este xogo tamén podemos empregar diferentes materiais como tapas, chapas, botóns, pezas de construcción e ir collendo tantos elementos como puntos sairon no dado. Quen ten máis? Quen ten menos? Quen pode construír a torre máis alta coas pezas que conseguiu?
-Lanzar o dado e dar tantas palmas, saltos, ...como este indica.
-Sobre o chan marcar un punto de saída e saltar tantas baldosas como indica o dado. Quen chegou máis lonxe?
-Asociar unha actividade a cada puntuación do dado. A familia pode crear unha especie de cartel onde se indique que facer dependendo dos puntos que quitemos. Por exemplo:
1-Saltar cos pes xuntos cinco veces
2-Cantar unha canción
3-Saltar como rás tres veces
4-Imitar a un animal
5-Buscar un obxecto con forma de círculo
6.-Volver a tirar
Xogos con dous dados
-Sumas: Lanzar os dous dados e sumar os puntos que saen para conseguir a puntuación total. Pódese facer un rexistro escrito para ver que tirador conseguiu a puntuación máis alta.
-As mesmas propostas que se explicaron para un dado só, pero sumando as puntuacións que aparecen nos dous dados
Seguramente nas vosas casas contades con dados, pero se queredes fabricar o voso propio dado deixamos os enlaces para que poidades imprimilo.
DADO PARA IMPRIMIR
CUBO PARA IMPRIMIR
No hay comentarios:
Publicar un comentario