lunes, 18 de mayo de 2020

XOGANDO AOS BOLOS TAMÉN APRENDEMOS MATEMÁTICAS

Aproveitamos a proposta que vos fai Jose dos xogos tradicionais, para destacar posibilidades que ten o xogo dos bolos.
Os bolos podedes crealos vos mesmos con botellas, rolos de papel, botes de iogur bebible, e a  pelota tamén podedes facela con follas de  papel de xornal e cinta adhesiva, por exemplo. Se vos animades a decorar os bolos estades a traballar a expresión plástica ao tempo que reciclades.
Así mesmo, con este xogo, ademáis de traballar a coordinación óculo manual, podemos abordar moitos contidos matemáticos.

Para os máis peques podemos contar cantos bolos derribamos en cada tirada e rexistralo en un papel no que apuntemos o noso nome e ao lado o número de bolos que derribamos (ben coa grafía do número ou ben con debuxando tantos pauiños como bolos tiramos). Quen tirou máis? Quen tirou menos?

Para os máis maiores podemos facer o mesmo pero con dúas tiradas e sumar a puntuación resultante. Quen conseguiu máis na primeira tirada? E na segunda? E se sumamos as puntuacións? Quen ten máis puntos?

E se queredes facer o xogo máis complexo podedes facer o que recomenda Jose: Darlle a cada bolo  unha puntuación e sumar a que corresponde aos bolos que tiramos. Quen consigue máis puntos?

Como vedes é  un xogo moi sinxeliño ao que podemos quitarlle moito proveito e co que resulta máis divertido traballar o conteo ou a suma.

juego de bolos reciclados


https://actividadesinfantil.com/archives/8648

No hay comentarios:

Publicar un comentario