jueves, 30 de abril de 2020

OS APLAUSOS DO PROFESORADO DO CEIP RICARDO TOBÍO SON PARA VÓS

Os aplausos das mestras e mestres do cole RICARDO TOBÍO de hoxe son para vós!!
-Porque levades moitos días na casa portándovos xenial. 
-Porque estades facendo un montón de actividades. 
-Porque sabemos que non é fácil facer as tarefas do cole na casa. 
-Porque seguides facendo deporte, e lendo e debuxando,... 
-Porque agora que podedes saír, estades sendo moi responsables.
 GRAZAS!!! Moito ánimo!!! Seguide así...






A CÁPSULA DO TEMPO

A profe Elena, consciente da relevancia da situación que estamos vivindo, fainos chegar unha proposta ben chula: Unha cápsula do tempo!

Trátase de rexistrar o que está a acontecer para dentro duns anos poder recordar como foi este momento e como nos sentiamos.

Adxuntámolo en PDF para que a poidades descargar, pero tamén tedes a posibilidade de tomar estas como modelo e preparar as vosas fichas de rexistro escribindo as familias ou os peques os enunciados.  Ademais é probable que algúns nenos e nenas precisen máis espazo para facer os seus debuxos que o que se mostra nas fichas. Por iso, adaptádeas ao voso gusto!! É unha actividade para realizar en familia, xa que os peques van a precisar a vosa axuda para cubrir os diferentes apartados e co alumnado de menor idade podedes ser os adultos os que escribades as respostas en función do que vos digan.
Animádesvos?

A MIÑA CÁPSULA DO TEMPO







miércoles, 29 de abril de 2020

PARA XOGAR A CREAR CONTOS

Como vos dicíamos na publicación anterior, nesta entrada imos a ofrecervos varias posibilidades de xogo que vos poden axudar na creación dos vosos contos.

-Partir dunha imaxe motivadora para crear a historia
Que vos parecen estas? Cal vos gusta? Poderiades crear un conto a partir dela?

(Imaxe: aulaplaneta.com)

Empregar un dado para crear historias
Cos dados para contar historias podemos facer distintas actividades e son de gran axuda para que os nenos e nenas poidan inventar contos:
-Os dados poden ser de ditintas categorias (personaxe, lugar e obxecto) e para crear a historia podedes utilizar unha soa categoría (só un personaxe, un obxecto, o un lugar).
-Utilizar dous, por exemplo un lugar e un personaxe, ou un personaxe e un obxecto.
-Inventar contos con obxectos, aos que se lles dota de vida, ou contar a vida dese obxecto....
Aquí deixamos unha ligazón para que poidades imprimir eses dados.
Se non dispoñedes de impresora non vos preocupedes, porque podedes facer a mesma actividade cuns papeliños nos que escribades a palabra ou debuxedes o elemento, metelos nun saquiño, quitar unha ou dúas tarxetas sen mirar e crear a historia a partir desas palabras ou imaxes.
Incluso, en lugar de papeliños, podedes facelo con pedriñas sobre as que escribades a palabra ou debuxedes algo.

cuentapiedrasimage1 - copia (2)

https://elauladejanire.wordpress.com/2015/04/01/ideas-para-el-aula-piedras-para-contar-historias/
Se tedes dúbidas sobre como facelo podedes deixarnos algún comentario ou escribirnos ao correo.

CÓNTAME UN CONTO...

Bos días!
Todos os anos no noso cole se convoca o certame de contos Mestre Agrelo e se convida ao alumnado a que cree o seu propio conto.
Desta vez, debido á excepcional situación que estamos a vivir, esta convocatoria faise inviable. Non obstante, desde o equipo de biblioteca convídase a que os nenos e nenas escriban os seus contos para publicalos no blog.

Nas aulas de infantil tamén se traballa este tipo de texto, e neste terceiro trimestre estaba previsto facelo a través da creación de contos individuais ou conxuntos na aula.
Por iso queremos darvos uns consellos para que poidades crear os vosos propios contos na casa. Lembrade que o autor do conto non ten por que ser o escribinte, así que os peques poden inventar a historia e os adultos podedes encargarvos de escribila.

Antes de comezar podemos analizar algún conto coñecido, porque pode servirnos de modelo para crear o noso conto.
-Como comeza?
-Quen é o protagonista?
-Donde acontece?
-Que lle ocorre?
-Como se soluciona?
-Como remata?

Os contos adoitan ter fórmulas fixas de inicio ou final que podedes empregar:
-Había unha vez
-Nos tempos de María Castaña
-Nun lugar moi lonxano

-E colorín colorado este conto está rematado
-E foron felices e comeron perdices
-E como di Fermín, este conto chegou ao seu fin
-E os contos lévaos o vento

Nun conto hai tres partes ben diferenciadas:
Introdución: Sitúase a acción nun lugar e tempo e aparecen algúns personaxes.
Nó: Sucede algo ou plantéxase un problema que hai que resolver.
Desenlace: Resólvese o problema. Os contos case sempre teñen un final feliz, pero non ten por que ser así.


Lembrade que os contos, e sobre todo os que inventan os nenos e nenas de infantil poden ser moi curtiños e moi disparatados. Para axudar a crear a trama do conto podedes comezar por escoller un personaxe protagonista, preguntarvos qué lle pasa, cal é o seu problema e cómo pode solucionalo ou quen lle axuda.

Animádesvos a escribir os vosos contos e enviárnolos?
Podedes facelo a través dunha foto, dun video lendo o voso conto, dun documento de word ou pdf,...e enviarllo a cada titora ou ao noso correo electrónico.

E...por se vos falla a inspiración, na seguinte publicación que fagamos imos darvos ideas para xogar a compoñer contos

LAPICERO MÁGICO: Escribir y leer cuentos

martes, 28 de abril de 2020

COMPARTINDO MÁIS MOMENTOS I

Continuamos compartindo as imaxes que nos enviades das actividades tan chulas que estades a facer na casa.

Mateo cóntanos que está a facer actividades das que propoñemos no blog, como por exemplo os xogos coas pinzas ou os coelliños e ovos de Pascua que fixo en semana Santa.
Tamén lle gustan moito os xogos tradicionais e fixo algún en madeira co seu pai.
Gústalle moito axudar na cociña, sobre todo cos postres.
Mateo entreténse moito coa hortiña e axuda a regar tódolos días (se non chove claro) e tamén plantou unhas sementes de cabaza.


















Thalía envíanos unha foto súa facendo exercicio no confinamento
Laia tamén nos envía fotos facendo deporte, construíndo puzles e xogando co seu patinete.



Sara tamén nos envia fotos xogando cos seus bonecos e ulindo as súas plantiñas.









 A profe Canucha comparte con nós esta imaxe de Plumitas levando un pitiño á pampoliña.

Martina envíanos varias imaxes das actividades que está a facer en familia. Divírtese moito coas manualidades e xogando coa súa irmá. Tamén lle axudou a súa nai cos monicreques para un teatriño do que nos envían un video para que todos o poidamos disfrutar!! Graciñas Martina!!





Ademais realizou o experimento dos vermiños de gominola nadadores. Queredes probar a facelo vos?
Pecesitades: dous vasos, bicarbonato, vinagre e vermiños de gominola. Logo tedes que poñer auga tibia nun dos vasos con tres culleradas de bicarbonato e introducir os gusanos. A continuación ímolos poñendo no outro vaso co vinagre e...nadan!!



 E tras o gran esforzo que fixeron os peques durante todo este tempo, por fin puideron saír a rúa e varias familias quixeron compartir eses momentos con nós.
Marcos disfrutou dun paseo coa súa irmá e as súas mascotas



Dylan camiñou pola praia
Candela disfrutou moito dun paseo co seu irmán Pablo e fíxolle moita ilusión volver a ver e ulir as flores do campo, ás que botaba de menos.




XOGOS COAS VOGAIS

Para hoxe propoñémosvos varias actividades coas vogais.

Primeiro podedes escoitar este conto, da editorial Kalandraka, sobre o morcego AURELIO que roubou as vogais para facer o seu nome.


E vos? Que vogais tedes no voso nome?

Podedes xogar a escribir as vogais ou trazalas sobre area, sal, fariña, pero tamén as podedes compoñer con pedriñas, flores, paus, ou con cordóns como fixo a profe Sela. Mirade!!













Coas vogais tamén podedes xogar ao vexo vexo, buscando na vosa casa obxectos que comecen por A, E, I, O ou U.

E que vos parece un xogo de memoria coas vogais? Podedes preparar unhas tarxetas e xogar a atopar as parellas. Cos maiores, o memori pódese complicar tendo que asociar a vogal en maiúscula coa correspondente en minúscula.

Tamén vos deixamos a ligazón de varios xogos en liña para traballar as vogais.

E por último,... que vos parece se cantamos coas vogais? Animádesvos a cantar con Raquel?


Gustouvos? Pois estade moi atentos ao blog porque as mestras iremos subindo diferentes videos nos que aparezamos nós para que poidades vernos!!



lunes, 27 de abril de 2020

HOXE ESTÁN DE ANIVERSARIO....

Hoxe, 27 de Abril están de aniversario Sara e Xana!

SARA FAI 4 ANOS

XANA FAI 6 ANOS

O profesorado, e en especial as súas titoras, queremos desexarlle un feliz día!!
Parabéns!!!!



PARA O ALUMNADO QUE ASISTE A RELIXIÓN

Ángel, Niño, Niña, Figura, Colorido, Ángel De La GuardaPara o alumnado que asiste a clase de Relixión, a profe Eva deixou unha mensaxe e unha proposta de actividades na páxina web do cole.
Por se aínda non tivéstedes ocasión de vela, deixámosvos o enlace para que poidades acceder a ela mais facilmente.

PROPOSTAS RELIXIÓN

PROPOSTAS DE AUDICIÓN E LINGUAXE PARA ESTA SEMANA

Comezamos unha semana nova, e como todos os luns, a profe Ángela xa ten preparadas novas actividades!
Agardamos que as disfrutedes!!

PROPOSTA DE PSICOMOTRICIDADE

Juego, Diversión, Jugar, Ganador, Niño, JugadorJose preparou unha proposta de psicomotricidade para esta semana. Pero fixoo dun xeito moi especial. A través dun pequeno vídeo ao que podedes acceder facendo click nesta ligazón.

PROPOSTA DE PSICOMOTRICIDADE DO PROFE JOSE

Estamos convencidas de que vos gustará moito velo e facer a actividade que vos propón.

AS MESTRAS TAMÉN QUEREN COMPARTIR MOMENTOS

Son moitos os momentos que compartides con nós. Así que hoxe, as profes, tamén vos queremos facer chegar o noso cariño e mostrarvos  como pasamos o confinamento.
Xogar coas nosas mascotas, coidar do xardín, facer deporte, cociñar, ler, e por suposto traballar no blog son moitas das cousas que estamos a facer estes días. Pero queremos que saibades que vos botamos moito de menos e que estamos desexando volver a vervos.







































Todos estamos a facer un gran esforzo quedándonos na casa e gustaríanos crear un pequeno vídeo para homenaxear a todo o noso alumnado.
Realizarémolo a partir das imaxes que nos enviastedes para subir ao blog. As familias que aínda non enviaron ningunha imaxe poden facelo ata o 30 deste mes.
Ademais desas imaxes,queremos dar a oportunidade de que os peques poidan enviar saúdos ou mensaxes de ánimo aos seus compañeiros. Por iso, cada familia deberá facernos chegar unha imaxe, ben dun debuxo ou  dun texto, que fagan os nenos, sobre un folio ou cartulina.
Lembrámosvos a dirección de correo electrónico á que debedes envialo infantilricardotobio@gmail.com. Se vos resulta máis cómodo tamén llo podedes enviar a través dunha mensaxe a cada titora.  A data límite é tamén o día 30.
Graciñas!!!