sábado, 25 de abril de 2020

COMPARTINDO MOMENTOS X

Graciñas por seguir achegándonos imaxes das actividades que estades a realizar durante o confinamento.

Un dos xogos preferidos dos peques son as construccións e podemos facelo con múltiples materiais: pezas de madeira, pedras, paus,... Eire e Nícer estiveron construindo con ladrillos! E vese que o pasaron en grande


















Nahia e a súa familia traballaron un montón na horta e envíannos fotos da súa plantación: cebolas, feixons, tomates, pementos, cenorias, repolos, brecol, patacas e moitas cousiñas mais













Continúa facendo dulces, pero tamén ten tempo para ler e ensínanos o seu libro de Pop-ups perferido


Gústalle moito a música, canta, toca a pandeireta e o piano e coida moito da súa irmá. Ademais cóntanos que a súa cadela Linda tivo canciños! Mirade que bonitiños!!










Daniela dinos que bota moito de menos á súa profe Sela e aos compañeiros. Gustoulle moito o conto de Paco Papan e decorar a letra P. Divertiuse recollendo flores para decorar a L e fixo un marcapáxinas, aínda que a súa gatiña nube non paraba de molestala. Contoulle un conto á súa irmanciña Alexia, que lle gustan moito, e preparou un abecedario de plastilina!












Valeria  tamén nos envía fotos creando letras con materiais que ten pola casa. A letra L con pinzas e con arroz. 

Alégranos saber que as propostas que vos facemos vos son útiles e que as estades a poñer en práctica na casa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario