martes, 14 de abril de 2020

COMPARTINDO MOMENTOS V

Ao longo desta semana fomos recibindo novos correos, con imaxes nas que nos facíades saber cómo estabades a pasar estes días nas vosas casas.
Non sabedes cánto nos alegra ter noticias vosas e ver o ben que estades ocupando o tempo.
Os xardíns e as hortas están a dar moito xogo!

Eire, por exemplo, estivo moi ocupada co seu irmán Nícer replantando o céspede do seu xardín.

 Daniel, tamén nos fai chegar as súas fotos... E sabedes que? O ratiño Pérez tivo que pasar pola súa casa porque lle caeu un dente!!!  Divírtese moito na cama elástica e xogando co seu irmán. Tamén xoga á mariola e en familia botan moitas partidas ao parchís. Estes xogos son fantásticos para traballar conceptos matemáticos. 




















Rita tamén nos escribeu contando actividades que fixo na súa casa en familia. Organizaron un concurso de batidos. Preparáronos con leite de avea, que é o favorito de Rita, e diferentes froitas. Despois fixeron unha votación. Gañou o de pera! Así, con esta actividade tan divertida, traballaron matemáticas.
Tamén inventaron xogos con rolos de papel, chapas, tapas e pinzas para traballar os números. Di que é divertido ordenar os rollos, sacar un e adiviñar cal falta, buscar os números iguais, poñer o mesmo número de pinzas... Animádesvos?
Na súa casa non se esqueceron de datas sinaladas, así que fixeron uns cartaces ben bonitos polo día do Autismo e o día da Saúde.
Como Nuno, o seu irmán, tiña que facer unha liña do tempo, ela tamén quixo facer esta actividade ordenando fotos desde que naceu ata agora. Parécenos unha idea fantástica nestes días nos que case toodos aproveitamos para ver álbumes ou organizar fotografías. Unha fermosa actividade para facer en familia e observar os cambios que experimentamos co paso do tempo.
Por suposto sigue lendo contos, xogando e bailando....



Xabi e a súa familia estiveron a argallar cómo poderían facer unha casa para paxariños e ocurréuselles crear unha con un altofalante vello. Informarannos se algúnha ave decide achegarse por alí.

 Como esta Semana Santa estivo algo chuviosa, Nahia aproveitou para colaborar na cociña. Prepararon pizza, empanada e flan. Ademais colaborou en tarefas da casa, por exemplo, tender a roupa.



A familia de Maya tamén nos fai chegar unhas fotos de cómo está pasando o confinamento. Encántalle darlle comida aos seus animais: coellos, ocas, ... Axuda na casa e non lle falta tempo para a diversión.





Yaiza envíanos unhas fotos coidando o seu xardín e regando as plantas. Tamén xogando coa súa mascota.



Oriana fainos chegar unhas imaxes dándolle de comer aos paxariños que ten como mascotas, e vendo os debuxos co seu gatiño Misifú. Como lle gustan tanto os animais tamén estivo collendo tritóns, ou "lambefontes". Ademais puxo en marcha a súa creatividade pintando de cores un palé no patio.



 






No hay comentarios:

Publicar un comentario