Aínda que non o pareza, achégase a Pascua. Este ano ímola a celebrar dun xeito diferente. Probablemente non será posible reunirnos cos nosos padriños, pero desta vez quizais podemos ser nós os que lles preparemos un agasallo para cando os vexamos, ou incluso decorar as nosas casas cuns simpáticos coelliños e guirnaldas de ovos de cores.
Velaquí algunhas ideas que atopamos na rede e que vos poden servir de inspiración.
Con esta entrada despedímonos ata a volta da Semana Santa. Aínda que sexa bastante atípica, desexamos que poidades descansar e disfrutar na medida do posible. Moito ánimo e unha forte apreta das tres mestras: Canucha, Sela e Raquel.
Felices pascuas, familias!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario