Daniela ensínanos como traballa na casa. Cóntanos que lle axudou ao seu pai a facer un portal e tamén lle axuda a avoa a debullar e peneirar o millo. Lava con moito coidado a roupa da súa irmanciña e crea con rolos de papel hixiénico. Ollade que castelo tan chulo!
Xabi Maceiras amósanos como pasa o tempo na súa casa: debuxos, manualidades, deporte, bricolaxe, axuda nas tarefas,... e mirade que pancarta tan chula preparou para darlle as grazas ao persoal sanitario e a todas as persoas que están loitando dun xeito ou outro contra o coronavirus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario