Para comezar esta nova semana imosvos a deixar un conto que algúns de vos xa coñeceredes. Titúlase Paco Papán.
Ademais este conto ten unha canción ben chula, que podedes escoitar nesta ligazón.
Podemos debuxar a Paco e así traballamos a representación do esquema corporal.
E se escribimos o seu nome? É un nome curto ou longo? Cantas letras ten? Por cal empeza? Cal é o son que fai esa letra? Sabemos máis palabras que comecen así? Cales?
Podemos debuxar unha "P" ben grande e decorala, facer unha letra P con masa ou plastilina,.... Os mais maiores tamén poden escribir unha lista de palabras que comecen por P.
Ademais o conto fai referencia aos diferentes días da semana. Así que podemos aproveitar para repasalos: recitar a secuencia dos días, preguntar cal é o primeiro día semana, o último, cal ven despois?
A nos parecenos que este é un conto con moitas posibilidades. Así que agardamos que o disfrutedes!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario