Son moitos os refráns que se refiren a este mes e aos cambios que se dan no tempo coa chegada da primavera. A profe Sela envíanos un par deles.
-En abril augas mil, e en maio, todas as que queiran vir.
Saberiades explicar este refrán? Ten moito que ver con que as sementes que plantamos precisan auga para medrar.
-Se canta o grilo, tira coa manta!!
Este refrán quere dicir que imos cara o verán e os insectos cantan coas altas temperaturas.
A primavera é un tempo de gran actividade para os insectos. O grilo canta polas noites, sobre todo se a temperatura é alta. Sabías que só cantan os machos? Consiguen ese son frotando as súas ás.
Neste video podedes escoitar o seu canto.
E en relación con todos estes bichiños que cantan na primavera deixámosvos esta canción para que cantedes vos tamén.
BICHIÑOS PEQUENIÑOS. SUSA HERRERA CON MAMÁ CABRA
No hay comentarios:
Publicar un comentario