martes, 14 de abril de 2020

INICIO DO TERCEIRO TRIMESTRE

Ola familias! Xa estamos aquí de novo!

Comezamos este terceiro trimestre, de maneira virtual, e a día de hoxe, 14 de abril, só podemos informar do comunicado publicado no portal de educación da Xunta de Galicia,  dirixido ás direccións dos centros educativos, sobre as medidas a adoptar en relación co inicio deste trimestre. Dito comunicado di o seguinte: 

"Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo, unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre:

1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto.

2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan."

Irémosvos informando das novidades que teñamos ao respecto.

Un afectuoso saúdo

As titoras de infantil.


No hay comentarios:

Publicar un comentario