Crear sal de cores! Como? É moi sinxelo.
MATERIAL NECESARIO
Tizas de cores
Sal
Frasco trasparente
Papel de lixa (opcional)
ELABORACIÓN
-Pon un pouco de sal sobre un papel e a frota a tiza sobre o sal vertido, que se irá coloreando pouco a pouco. Repite este proceso con todas as cores que vaias utilizar, creando pequenos montóns de sal de diferentes cores. Pódese utilizar tanto sal fina como gorda, aínda que a tiza se desgasta e colorea máis fácilmente coa gorda. Tamén podemos empregar unha lixa para desgastar a tiza e mesturar o polvo que obtemos coa sal.
-Una vez coloreada a sal, introdúcese de cada vez unha cor dentro do bote, creando capas de diferente espesor, forma e cor. Se en lugar de un bote empregades unha botella, podedes axudarvos de un embudo para introducir o sal.
-Segundo o recipiente empregado, podemos cerralo coa súa tapa, deixalo aberto, ou incluso colocar un papel ou tea decorativa con una goma elástica para cerrarlo.Graciñas, Valeria, por facernos chegar esta proposta tan divertida! Todas as familias que queirades compartir as vosas propostas, podedes facelo a través do noso correo electrónico e publicarémolas no blog!
infantilricardotobio@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario