jueves, 2 de abril de 2020

COMPARTINDO MOMENTOS III

Seguimos recibindo mensaxes e fotografías coas que nos amosades como estades a pasar estes días de confinamento. A verdade é que podemos comprobar que non tedes moito tempo para aburrirvos.

Antón, o que máis fai é xogar cos seus irmáns e intenta aproveitar ao máximo o soliño no seu balcón. Tamén se entretén moito construindo casiñas para os seus bonecos e xogando con eles





Mateo cóntanos que  fixo a plastilina e lle saiu xenial, encantoulle! Tamén fixo algunha das manualidades que propoñemos no blog e  está a facer moitas actividades. Ademais quere compartir con nós o seu espazo de lectura, que lle gusta moito, onde ten os contos que sempre le antes de irse a durmir.

 Nahia fainos chegar novas fotos e cóntanos que o pasa xenial cos xogos de mesa, ademais encántalle xogar as cartas co avó, pero tamén colabora no  coidado da súa irmá pequena e ata tivo tempo de axudarlle a facer un cesto para os ovos a Marcial.








Jenni cóntanos que estes días que fixo bo tempo estivo moito no xardín. Coa súa familia xogou ao pilla pilla, andivo en bici, saltou na colchoneta,.... E co bo tempo tamen saíron as súas tartarugas ás que observa e lles da de comer. Unha vez a semana pon o gorro as gafas e bucea na bañeira como se fose á piscina. Na casiña, antes de sair pa fora fai "deberes", le un conto ou xoga a un xogo de mesa. Axuda moito nas tarefas da casa: pon a mesa, colabora para facer a cama... O que máis lle gusta é botar unha man para facer a comida e sobre todo os postres. Envíanos moitos biquiños!













Martín envíanos unhas fotos facendo "deberes" igual ca o seu irmán. Moito traballa!
 
 Noa adícase a xogar, pintar, escribir letras, columpiarse,...tamén axuda coa comida e está aprendendo a espirse e vestirse ela soíña. Fantástico Noa!





Eire tamén nos envía unhas fotos nas que podemos ver que ben o pasa co seu irmán Nícer. Entre os dous deixaron ben chula a mesiña con bancos do seu xardín. Que artistas!!








Valeria non para, fai un montón de manualidades. Todos os días sae pola ventá a aplaudir e escoita a Rita. Envíanos a súa foto co arco da vella dicíndonos que todo vai a saír ben. Grazas Valeria!!














Lúa sumouse a varias das propostas que fixemos desde o blog. Envíanos un video co seu muiño azul polo día Mundial do Autismo e tamén o cartel das carrilanas decorado. Ademais mándalle un biquiño grande para a súa profe Sela.

Graciñas familias por compartir todos estos momentos con nós. Alédanos moito ter noticias vosas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario