Este ano, adaptouse esta iniciativa á situación de crisis sanitaria que vivimos, propoñendo demostrar de maneira diferente esa solidariedade coas persoas con TEA, as súas familias e todas aquelas persoas que están axudando a este colectivo. Como? Sumándonos ao reto #LIUB e iluminando as terrazas, balcóns ou ventás o próximo 2 de abril ás 21:00 horas. Non é preciso usar una luz azul. Podes sumarte utilizando o teu móbil, unha lanterna ou cualquera outra fonte de luz. Non obstante, se queredes conseguir que a luz sexa desa cor, podedes pegarlle un papel ou plástico azul na lanterna.
Podedes compartir a vosa acción en redes sociais xunto ao hashtag #DiaMundialAutismo.
Outras iniciativas para este día propoñen decorar os balcóns ou ventás con algo azul ou incluso crear muíños de papel desa cor.
A concienciación sobre o autismo non debe ser cousa dun día só. É importante que os peques comprendan que todos somos diferentes e cada un de nós ten unhas necesidades especiais.
Para comprender mellor o que lles pasa ás persoas con TEA propoñémosvos a visualización deste video Mi hermanito de la luna.
No hay comentarios:
Publicar un comentario