Mateo cóntanos que está a facer actividades das que propoñemos no blog, como por exemplo os xogos coas pinzas ou os coelliños e ovos de Pascua que fixo en semana Santa.
Tamén lle gustan moito os xogos tradicionais e fixo algún en madeira co seu pai.
Gústalle moito axudar na cociña, sobre todo cos postres.
Mateo entreténse moito coa hortiña e axuda a regar tódolos días (se non chove claro) e tamén plantou unhas sementes de cabaza.
Thalía envíanos unha foto súa facendo exercicio no confinamento
Laia tamén nos envía fotos facendo deporte, construíndo puzles e xogando co seu patinete.
A profe Canucha comparte con nós esta imaxe de Plumitas levando un pitiño á pampoliña.
Martina envíanos varias imaxes das actividades que está a facer en familia. Divírtese moito coas manualidades e xogando coa súa irmá. Tamén lle axudou a súa nai cos monicreques para un teatriño do que nos envían un video para que todos o poidamos disfrutar!! Graciñas Martina!!
Ademais realizou o experimento dos vermiños de gominola nadadores. Queredes probar a facelo vos?
Pecesitades: dous vasos, bicarbonato, vinagre e vermiños de gominola. Logo tedes que poñer auga tibia nun dos vasos con tres culleradas de bicarbonato e introducir os gusanos. A continuación ímolos poñendo no outro vaso co vinagre e...nadan!!
Marcos disfrutou dun paseo coa súa irmá e as súas mascotas
Dylan camiñou pola praia
Candela disfrutou moito dun paseo co seu irmán Pablo e fíxolle moita ilusión volver a ver e ulir as flores do campo, ás que botaba de menos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario