viernes, 3 de abril de 2020

SORPRESA!!

Ola peques!!
Hoxe traémosvos unha moi boa noticia.
Lembrades aqueles vermiños de seda que coidamos o curso pasado, os que fixeron  o casulo e se convertiron en bolboretas que puxeron uns oviños pequerrechiños?
Para os nenos e nenas de 3 anos que aínda non estabades no cole ensinámosvos as fotos.

 Pois deses oviños, coa chegada da primavera e a calor destes días, comezaron a nacer novos vermiños. Son moi  pequerrechiños, pero xa están a comer follas de moreira para poder medrar e iniciar de novo o proceso de metamorfose para convertirse en bolboretas.
Mirade!

Relacionado co proceso de metamorfose dos vermiños de seda para convertirse en bolboreta aconsellámosvos o conto "Unha eiruga moi larpeira", de Eric Carle. Seguramente moitos de vós xa o coñecedes. Para os que non deixámosvos un video realizado a partir do mesmo. Con el ademais, podedes aproveitar para repasar os días da semana e os números



Ademais hai unha morea de manualidades relacionadas co conto que igual vos apetece facer estes dias. Ahí van unhas suxerencias que atopamos en Pinterest:

Un simpático gusanito de colores con tapones reciclados » Actividades infantilFlorence Eiseman Plain Pincord Dress with Daisy Pockets, Yellow, 3-9 Months | Reflect Tutorial and Ideasmanualidades la pequeña oruga glotona - Buscar con Google | La ...12 Actividades Creativas de la Oruga Glotona | Actividades de arte ...


No hay comentarios:

Publicar un comentario