Para enriquecer este momento aportámosvos varias ideas
-Escoller un momento e un lugar tranquilo.
-Ter unha canción motivadora: Pode formar parte do ritual de contar o conto, antes de comezar a ler e mentres nos poñemos cómodos, podemos cantar ou escoitar algúnha canción. Na aula, en ocasións, empregamos estas
O LIBRO MÁXICO. MIGALLAS.
IMOS CONTAR UN CONTO. PABLO DÍAZ.
-Ter unha fórmula fixa para rematar o conto: "E colorín colorado, este conto está rematado. E colorín colorete, botamos un foguete!" "E colorín colorado, este conto está rematado, e ao que non se levante, quedaralle o cú pegado!"
-Unha vez que coñecen o conto, pedirlle que sexan os peques os que nolo conten a nos.
-Xogar a cambiarlle o final aos contos.
-Xogar a pensar.. Que pasaría si? para versionar os mesmos. Por exemplo: Que pasaría se carapuchiña non quixese levarlle a comida a avoiña? Que pasaría se Garavanciño fose grande e non pequeno?
-Debuxar os personaxes dos contos. Cando os protagonistas son persoas, este debuxo axúdalles a avanzar na representación do esquema corporal.
-Escribir o título, inventar un título novo, adiviñar o título polas ilustracións que aparecen na portada,...
Son pequenas ideas que podedes ter en conta, pero lembrade que o máis importante é disfrutar da lectura e, sobre todo, para ser bos modelos e motivar aos peques cara a lectura, é moi importante que tamén nos vexan ler aos adultos.
Familias, revisade a aplicación Abalarmóbil porque vos faremos chegar a través da mesma unha selección de lecturas en pdf que poden resultar interesantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario